• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Nadal na Escola BellónMaceiras
03/12/2019
Xa chegou o Nadal á Escola de Música BellónMaceiras. Como tódolos anos, chegadas estas datas a Escola muda a súa cara con adornos e luces propios destas festas.
Novo curso na Escola de Música BellónMaceiras
25/11/2019
A Escola de Música BellónMaceiras organiza un novo curso impartido pola profesora de canto Laura González que estará acompañada por Paula Paz o próximo sábado 14 de decembro en horario de 11h a 13h. As persoas interesadas poden inscribirse nos contactos da Escola.
150000 visualizacións en YouTube
18/11/2019
A canle de YouTube de BellónMaceiras acadou as 150000 visualizacións.
 
Ir a YouTube
Novo curso na Escola BellónMaceiras
25/09/2019
Este mes de setembro, a Escola de Música BellónMaceiras abreu as súas portas de cara a un novo curso. As modalidades de clases son tanto individuais coma colectivas en grupos reducidos, feitos por idade e por nivel. Desde o ano 2014 impártense, tamén, clases a distancia a través de Skype, as cales teñen unha gran aceptación. E este ano, como novidade, creouse o grupo de gaita de nivel avanzado.
María López galardonada no Festival Intercéltico de Lorient
08/08/2019
A alumna de gaita da Escola BellónMaceiras, María López, resultou gañadora do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient sendo a primeira muller galega en gañalo e a máis nova en conseguir o trofeo.