• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Biografía

Nace en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985. Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista en BellónMaceiras , coa de mestre de gaita galega na Escola de Música BellónMaceiras e tamén como master class e cursiños por diversas partes do mundo. Posee o título de grao profesional de gaita concedido polo Conservatorio da Xunta de Galicia en Ferrol.

Fórmase no seo da Banda de gaitas Airiños de Fene (1995) , á vez que estudia no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol. Na banda de gaitas Airiños de Fene chega a desenvolver durante varios anos a faceta de gaiteiro solista ata o ano 2001, que culmina coa gravación do seu primeiro traballo discográfico "Identidade". Con esta formación realiza importantes actuacións como as da inauguración da Expo98 en Lisboa, os festivais de Segovia e Guernika ou as dúas participacións no Festival Intercéltico de Lorient (1999 e 2001). É membro fundador dos grupos Roquementroque, Venela e tamén participou no cuarteto de gaitas Xaloucos.

A partir do ano 2000, comeza a súa traxectoria como gaiteiro solista acadando premios como o “Constantino Bellón” en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o “Trophée Macallan” (Lorient, Francia, 2003). É seleccionado para o único curso de perfeccionamento para gaiteiros impartido por Carlos Núñez (Vigo, 2001). Tamén exerce coma xurado de concursos música galega dende o ano 2007 e coma compositor de obras para os devanditos concursos.

No 2003 e no 2008 participa na recreación en directo da banda sonora da película "La Casa de la Troya" (Alejandro Pérez Lugín - Manuel Noriega, 1924) en distintas ciudades españolas con motivo da súa representación final na Filmoteca Española en Madrid. Neste mesmo ano é nomeado pola corporación municipal do seu concello “Gaiteiro Maior de Fene”. No verán de 2007 colabora coa Orquestra do Festival Intercéltico de Lorient, interpretando a "Epopée Celtique". Dende o ano 2006 é o artista convidado do “Bagad Kemper” (Francia) participando en diversas actuacións pola xeografía galega e francesa. No ano 2009 participa na grabación en directo dun cd no Festival de Cornouaille (Francia) con motivo do 60 aniversario do Bagad con artistas de renome coma Dan Ar Braz. Dende o ano 2010 a Aula de Música do Instituto de Secundaria do Concello de Fene leva o nome de “Aula de Música Daniel Bellón”.

Desenvolve un importante labor como concertista en solitario e tamén coma compositor e así mesmo como de mestre gaiteiro por toda a xeografía mundial, actualmente exercendo como profesor de gaita galega na súa propia escola de música “BellónMaceiras”. Tamén compaxina este traballo co de mestre na Escola de Música “Progreso Musical” de Madrid. É profesor pola Xunta de Galicia nos Centros Galegos do exterior, impartindo o primeiro curso de Gaita Galega de nivel avanzado nas Escolas Abertas 2008 ademáis de múltiples cursos específicos de técnicas de gaita galega impartidos pola xeografía mundial (París, Buenos Aires, Lorient, Barcelona, Madrid, Ponferrada, Lugo, Santiago de Compostela,etc). Tamén colabora coma artista solista convidado cunha gaita de época no libro “Tanto encanto reunido” ( edicións embora, Berros do Castro)

Na primavera de 2001 funda con Pedro Lamas o cuarteto tradicional “Luvas Verdes”, que se ten consolidado xa como o grupo máis laureado da historia dos concursos de música tradicional que se teñen celebrado en Galicia, destacando a honra de ser o primeiro cuarteto tradicional que é convidado a participar no Festival Intercéltico de Lorient (Francia, 2002). Realizan importantes actuacións como as do Teatro García Barbón de Vigo ("Homenaxe ao Gaiteiro", 2002), Palacio de Congresos de Barcelona ("Festival Toxos e Xestas", 2003) ou na cidade andaluza de Córdoba entre outras. En 2005 publican o traballo discográfico “Fandango Desesperado” (NGD Música).

Dende 2005 forma parte de "BellónMaceiras Dúo" co que publica o disco “Unión das Terras” despois dun exitoso 2006, sendo gañadores do certame Radio Obradoiro, Runas do Festival de Ortigueira , e con máis de 100 concertos ás súas costas por diversos puntos da xeografía internacional (Festival de Lorient, Festival de Ortigueira, Festival dos Xogos Náuticos en Cornwall (U.K), Festival de gaiteiros en Ordino (Andorra), presentación do seu disco en New York (EUU), no prestixioso Klub 55 de Varsovia ( Polonia),Hannover e Cuxhaven (Alemaña), Xenebra (Suiza), etc). Na actualidade esta formación convive co proxecto “BellónMaceiras Quinteto” no que a gaita sae da súa cuncha para interpretar calquera tipo de música (tango, swing, habanera, jazz, muiñeira, vals francés, samba) sen ningún tipo de prexuízo tal e como se ve no traballo “FolkFusión” (Boa Music, DOFOL 2010). Levan a súa música por lugares coma A Coruña, Santiago de Compostela, Alcobendas (Madrid), Lorient (France), Bruselas (Bélxica)... 
No ano 2011 con BellónMaceiras Dúo viaxan a Moscú tocando entre outros lugares na catedral católica ante máis de 1000 persoas. Semanas despois viaxan ao Festival de Folklore máis grande do mundo, o “Festival de Cosquín” en Córdoba, Arxentina, participan con BellónMaceiras neste proxecto  Dulce Pontes e Juan Carlos Cambas. Posteriormente BellónMaceiras Quinteto é seleccionado pola AIE (Asociación de Intérpretes y ejecutantes) para facer unha xira por toda España ( Segovia, Madrid, Navarra, Zaragoza, Vitoria...).Tamén viaxan a Italia ao Festival Celta de Montelago así coma a Portugal. Neste ano tocan coa Orquesta Sinfónica de Voces por la Paz, Músicos Solidarios no Auditorio Nacional en Madrid. Despois do éxito obtido nos numerosos concertos que ofrecen ó longo do mundo, o programa Alalá da TVG adícalles un programa no que relatan a súa densa traxectoria

No 2006 estudia jazz na “Escuela Popular de Música y Danza” (Madrid), cursando Saxofón, Harmonía Moderna, improvisación e piano complementario, con Mestres como o saxofonista Valentín Álvarez e o guitarrista Antonio Saiz. É becado pola AIE para o curso 2007/2008 e 2009/2010 na prestixiosa "Escola - Estudio de Santiago de Compostela".
No ano 2010 é co-fundador xunto a Diego Maceiras da “Escola de Música BellónMaceiras” afincada na localidade de Fene. O éxito da escola queda patente xa nos tres primeiros meses de vida acadando máis de 100 alumnos de distintas partes da xeografía galega mesmo recibindo alumnos de gaita de Francia, Alemaña e Portugal.

Estes últimos anos, despois de percorrer moita da xeografía europea (Rusia, Escocia, Francia, Alemania, Albania, Irlanda do Norte, Andorra) así como distintos puntos do territorio nacional, e moitos sitios de Galicia, poñen a guinda no 2015 con “Ten”, un disco autoproducido baixo o seu propio selo discográfico “BellónMaceiras Música” e no que conmemoran o décimo aniversario de BellónMaceiras con 10 novos temas, colaborando músicos cos que tocaron estes anos da talla de Juan Cabe (guitarra), María López (zanfona), Miguel Lamas (batería), Juan Tinaquero (contrabaixo), Rafael Carracedo (trompeta, María Moisseva (órgano) ou Oliver Wilson-Dickson (violín).