• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

IX Concerto de Fin de Curso da Escola de Música BellónMaceiras
15/06/2019
Un ano máis a Escola de Música BellónMaceiras celebra o seu final de curso cun concerto no que participarán a maior parte dos alumnos xunto cos seus profesores. O festival que terá lugar na ACRD O Pote de Maniños reunirá a decenas de familiares e amigos dos alumnos que gozarán cunha pequena mostra do que aprenderon durante o curso.
Semana de Masterclass na Escola BellónMaceiras
12/06/2019
A Escola de Música BellónMaceiras acolle na semana de fin de curso dúas masterclass sobre o música tradicional galega e o oficio de gaiteiro. A primeira charla ofrecida por Diego Maceiras e titulada "Arranxos e Armonía na Música Tradional Galega" será o xoves 20 de xuño e a segunda ofrecida por Daniel Bellón e titulada "O Oficio do Gaiteiro ó Longo da Historia" terá lugar o venres 21 de xuño.
Entrevista en Radio Fene
03/06/2019
O dúo BellónMaceiras pasou polas instalacións de Radio Fene para falar da apertura de matrícula do próximo curso e do Concerto de Fin de Curso que terá lugar na ACRD O Pote de Maniños o sábado 22 de xuño.
 
Escoitar entrevista
8 curiosidades de BellónMaceiras
20/05/2019
Novo vídeo de BellónMaceiras na súa canle de YouTube. Nesta ocasión falan dalgunhas curiosidades do grupo.
 
Ver vídeo
Novas camisetas da Escola BellónMaceiras
29/04/2019
Xa están dispoñibles as novas camisetas da Escola de Música BellónMaceiras. Para todo aquel que queira unha camiseta hai tallas tanto para home, muller como nen@s. Pide a túa no seguinte enlace:
 
Ir a tenda