• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Concurso de composición 2020
17/02/2020
Novo concurso de composición para gaita galega entre os alumnos e alumnas de gaita da Escola BellónMaceiras. Unha das cousas á que BM lle da valor é á composición de novas melodías e ós arranxos. É por iso, que este ano organizan este concurso para animar, especialmente, á xuventude. Hai, tamén, outra categoría para os máis maiores.
 
Máis información na Escola BellónMaceiras.
Obradoiro de efectos e paisaxes sonoros
30/01/2020
O próximo xoves 13 de febreiro realizarase na Escola BellónMaceiras unha nova actividade da man de Antonio Sánchez Barranco, percusionista e efectista de Coetus, María de Mar Bonet ou Kepa Junkera, entre outros.
Curiosidade de "Notas para Nico" de Diego Maceiras
22/01/2020
O dúo BellónMaceiras fixo pública unha curiosidade sobre o tema "Notas para Nico" que forma parte do terceiro disco "TEN". Esta peza composta por Diego Maceiras e adicada ó seu primeiro fillo Nico, foi desenrolada a través da melodía que fixeran para a sintonía do programa da TVG “Heicho Cantar Queridiña”.
 
Ver video da canción en formato sexteto aquí
En Nadal regala música de BellónMaceiras
11/12/2019
Se es dos que regalas música polo Nadal, visita a tenda de BellónMaceiras onde poderás atopar todos os discos do grupo, ademáis das camisetas da Escola de Música.
 
Visitar a tenda
Folkfusión a punto de cumprir dez anos
10/12/2019
BellónMaceiras Quinteto pronto celebrará os dez anos desde que comezaron a gravar o disco "Folkfusión". O grupo quere agradecer que no 2019 se seguira escoitando.