• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Luvas Verdes en Marín
14/11/2008
Este venres ás 20:30h en Marín (Pontevedra) actuará o cuarteto Luvas Verdes
dentro da V Mostra de Cuartetos organizada pola AC Picuíña e polo propio
concello de Marín. Poderemos escoitar un avance sobre o que será o seu novo
cd no que xa están a traballar, ademáis dos temas do seu disco Fandango
Desesperado
Novas fotos da viaxe de BellónMaceiras a Deutschland
01/11/2008

Xa podedes ollar na sección multimedia a reportaxe fotográfica da viaxe a Hannover e Cuxhaven en Alemaña. Moitas gracias polo magnífico trato e recibimento. Graciñas a todos!
BellónMaceiras Quinteto en Barcelona
25/10/2008
Este sábado o BellónMaceiras Quinteto desprázase a Barcelona para participar no Festival Toxos e Xestas xunto con varios grupos galegos. O festival comezará ás 17h e será no Auditorio da Fira de Barcelona.Ata o sábado!
BellónMaceiras Dúo en Alemania
17/10/2008
O dúo BellónMaceiras viaxará esta fin de semana para ofrecer en Alemaña dous concertos. O venres 17 de outubro actuarán no centro galego de Hannover e o sábado 18 desplazaranse a Cuxhaven para tocar no día de Galicia en dita cidade. Máis novidades proximamente.
BellónMaceiras Dúo en A Coruña Venres 12:30h
09/10/2008
Comeza un mes de Outubro con moitas novidades para Dani. O dúo BellónMaceiras tocará mañá venres ás 12:30h no Paraninfo da Universidade de A Coruña. Será o concerto que abre o curso académico 2008/2009.