• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Axenda do 2009
15/04/2009

Comezan as actuacións, concertos e demáis actos deste ano 2009. Podedes
consultar a axenda, que está en constante actualización. Como prato forte deste
ano 2009, o ano de Galicia no Festival de Lorient, no que participará o
BellónMaceiras Quinteto. Toda a información na sección Axenda
Curso de percusión galega na Escola de Folklore Plaza Castilla
19/01/2009
Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro Pedro Lamas (Nova Galega de Danza, Luvas
Verdes, VaamondeLamaseRomero entre outros) impartirá na Escuela de Folklore
Plaza Castilla un curso intensivo (9h) de percusión galega. Plazas
Limitadas.Toda a información en www.folkloreplazacastilla.com
Feliz ano 2009 e novos contidos
01/01/2009
Antes de nada desexarvos un feliz aninovo a todos os que seguides a web.
Comeza o ano e tamén con el, novas fotografías de cursillos e concertos de
finais de 2008. Feliz ano!
La Casa de la Troya e Curso de especialización en Barcelona
06/12/2008
Comeza unha semana na que Luvas Verdes marcha primeiro a Barcelona a dar un
curso de especialización de gaita galega durante os días 6, 7, e 8 de decembro.
O día 9, fan escala en Madrid para tocar ás 20h na Filmoteca Nacional na
recreación en directo da Banda Sonora da película La Casa de la Troya.
Cursos de especialización de gaita en Arxentina e Barcelona
18/11/2008
Este domingo Dani parte para Bos Aires para impartir un cursiño de especialización de gaita durante unha semana. Xa de regreso, marcha xunto a Pedro Lamas a Barcelona para impartir outro cursiño de especialización, esta vez durante 3 días.¡Bo estudio a todos!