• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellónMaceiras Quinteto: Novo vídeo
03/04/2018
BellónMaceiras publica un novo vídeo co Quinteto na súa canle de YouTube. Neste vídeo do tema "Notas para Nico" de Diego Maceiras contan coa colaboración da Rafa Carracedo na trompeta.
 
Ver vídeo
BellónMaceiras Trío Travel to Dhaka (Bangladesh): Novo vídeo en YouTube
15/03/2018
Hai unha semanas comentamos a viaxe de BellónMaceiras Trío a Bangladesh. Hoxe o grupo publica un vídeo da súa experiencia no país bengalí dun xeito máis cercano como a eles lles gusta amosar.
 
Subscríbete á canle de YouTube de BellónMaceiras e non te perdas ningún vídeo do grupo.
 
Ir a YouTube.
Daniel Bellón: Curso de afinación e empalletado de Gaita Galega
06/03/2018
O sábado 24 de marzo Daniel Bellón ofrecerá un curso de afinación e empalletado de gaita galega organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina. O prazo de inscrición remata o 19 de marzo.
BellónMaceiras Trío en Mallorca
05/03/2018
Este venres 9 de marzo, o trío BellónMaceiras representará a Galicia nun concerto en Palma de Mallorca dentro do programa da International Bagpipe Organisation que este ano celebra a Cuarta Conferencia Internacional de Cornamusas. Neste evento, ademais de BellónMaceiras Trío, participarán tamén bandas de Turquía, Italia e Mallorca.
Escola de Música BellónMaceiras: Combo Instrumental
23/02/2018
Este ano a Escola de Música BellónMaceiras comezou unha nova andaina na que participan os alumnos: o combo instrumental. Diferentes instrumentos e distintos estilos cun proxecto musical en común dirixido por tódolos profesores da escola.
Se che gustaría participar, pide máis información nos contactos habituais.