• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Formacións

Solista, concertos, master class e cursiños formativos

Daniel Bellón participa en moitas ocasións como convidado en actos culturais ou institucionais así coma concertista en solitario. Desde o ano 2005, ademais, exerce como profesor habitual na súa propia escola en Galicia e en Madrid. Así mesmo imparte cursos formativos e master class por toda a xeografía mundial.



Contratación: danielbellon@danielbellon.com

Tlf: 661 265 383

Ver en
BellónMaceiras Dúo

O dúo BellónMaceiras nace na primavera de 2005 coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. A consolidación dun repertorio adecuado e variado que defina as múltiples posibilidades do dúo, é unha prioridade que está na mente destes músicos. 

Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario. 

O grupo ve a luz no verán do 2005 cun concerto de presentación no seu concello. En vista da excelente acollida o grupo foi reclamado para actuar en distintos lugares da xeografía galega. En decembro do mesmo ano desplázase a Francia para representar á música galega no "Día de Galicia" en París

Cun variado repertorio basado en composicións propias e pezas tradicionais de distintas partes do mundo, o dúo afronta o concurso que organiza Radio Obradoiro tódolos anos en Santiago de Compostela e que reúne a grupos folk de Galicia. Dani e Diego participan na que é a súa séptima edición obtendo a victoria no Teatro Principal de Santiago.

En xullo dese ano, BellónMaceiras , coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 . 

Despois de Ortigueira repiten visita ó estranxeiro. En primero lugar convidados ó Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth (Cornualles, Reino Unido), despois sendo un dos grupos de delegación galega que participan na 36 edición do Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña, Francia) e pechan as súas viaxes en Xenebra (Suíza). Como colofón a este gran ano, presentan o seu primeiro disco "Unión das Terras".

O ano 2007 xirará en torno ás presentacións do seu traballo "Unión das Terras" por diversos puntos da xeografía europea, Madrid, Barcelona, Málaga, Francia, Andorra, Suíza e por suposto en Galicia. Tamén son partícipes do circuíto 4x4 promovido pola Xunta de Galicia.

A actuación estrela deste ano ten lugar no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, aproveitando a ocasión para incorporar novos músicos e perfilar o que será o seu proxecto a partir do 2008, o BellónMaceiras Quinteto. Como remate do ano, viaxan a EEUU para presentar "Unión das Terras" en New York.

Despois de concertos como o que ofreceron no "Klub 55" de Varsovia (Polonia), en Hannover e Cuxhaven (Alemaña), chegan ó 2009 ó festival de Cornouaille de Quimper (Bretaña, Francia) onde entre outros concertos, ofrecen un moi especial colaborando coma convidados no 60 aniversario da Bagad Kemper, editándose un cd deste concerto en directo.

No ano 2010 no que ademáis de sacar un novo disco con BellónMaceiras Quinteto ( Folkfusión ) e tocar por diversos puntos de Galicia e Europa deciden fundar a ”Escola de Música BellónMaceiras” chegando xa no terceiro mes de existencia ós 100 alumnos.

Comezan o 2011 cun concerto na catedral católica de Moscú (Rusia) así como na sala Pokrovka da mesma cidade. Poucas semanas máis tarde tocan no Festival de Cosquín (Córdoba, Arxentina) colaborando co dúo artistas da talla de Dulce Pontes.

Participan no concerto benéfico “Voces para la Paz” no auditorio nacional de Madrid, formando parte dos máis de 300 músicos de orquestras sinfónicas de España. Despois do éxito obtido nos numerosos concertos que ofrecen ó longo do mundo, o programa Alalá da TVG adícalles un programa no que relatan a súa densa traxectoria.

En 2015, Daniel Bellón e Diego Maceiras celebran o seu décimo aniversario coa autoproducción do seu terceiro disco TEN. A fusión continúa caracterizando as súas composicións. Temas de diversos lugares do mundo con algún ingrediente celta. Daniel Bellón e Diego Maceiras rodeáronse esta vez por un grupo de colaboradores excepcionais, logrando unha mestura única con músicos de Gales, Rusia e Galicia. Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson.

Ver en
BellónMaceiras Trío

Daniel Bellón e Diego Maceiras elixen como compañeiro de viaxe a Juan “Cabe” (guitarrista en BellónMaceiras Quinteto) nesta formación que servirá de presentación do seu terceiro disco TEN. Esta nova proposta afunda na fusión de ritmos e melodías de diferentes países. Gravaron este novo disco acompañados por músicos cos que coincidiron en diferentes momentos destes dez anos de proxecto como dúo. (Juan Cabe, María Moiséeva, María López, Miguel Lamas, Juan Tinaquero, Rafael Carracedo e Oliver Wilson-Dickson). A filosofía de BellónMaceiras segue sendo utilizar a gaita xunto a outros instrumentos para interpretar pezas de distintos estilos e procedencias. En TEN, Daniel Bellón e Diego Maceiras volven mostrar a súa faceta como compositores en varios temas.

Ver en
BellónMaceiras concertos didácticos

BellónMaceiras ofrece concertos para nenos de infantil ou primaria. En setembro de 2010 bota a andar a Escola de Música BellónMaceiras na localidade de Fene. Daniel Bellón e Diego Maceiras deciden iniciar esta viaxe ca finalidade de que tanto nenos coma adultos aprendan a tocar o instrumento que desexen pero tendo como principal obxectivo o amor pola música. Con esta máxima, Dani e Diego queren dar unha mostra da riqueza da cultura galega facendo unha clase diferente fora do seu centro de formación, cun concerto dirixido especialmente para nenos, onde darán a coñecer instrumentos e ritmos autóctonos, así como involucrar ó público ca súa música e animalos a coñecer algo máis da súa cultura aprendendo a disfrutar dela.

Nun concerto didáctico de 45 minutos, BellónMaceiras ofrece un espectáculo no que o público máis xove poderá interactuar e coñecer directamente ós músicos desde un plano moi persoal e cercano, podendo facer preguntas ó remate da mostra.

Ver en
BellónMaceiras Quinteto

BellónMaceiras Quinteto nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. Os músicos que acompañan a Dani e a Diego nesta formación son: Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No seu último disco (Folkfusión, 2010) a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés... Levan este proxecto a sitios como Lorient (Bretaña), Bruxelas (Bélxica), Colfiorito (Italia), Viana do Castelo (Portugal), así como percorren toda Galicia nos escenarios de máis prestixio. No ano 2011 son seleccionados pola AIE (Artistas e Intérpretes de España) para facer unha xira pola Península Ibérica, levando a súa música a cidades como Zaragoza, Vitoria ou Tudela. Unha característica do grupo é a súa adaptación a calquera tipo de concerto, desde o máis intimista en acústico en salas pequenas, ata os festivais máis grandes, pasando por teatros e auditorios. Esto é o reflexo do universal que é a súa música. Tanto no seu disco como no directo non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.

Ver en
Luvas Verdes

Do cuarteto tradicional máis laureado da historia de Galicia nace o cd "Fandango Desesperado" (NGD Música, 2005) é o primeiro traballo publicado por Luvas Verdes. Este traballo recolle unha parte significativa do repertorio da formación co que acadan os máis importantes galardóns da música tradicional. En palabras de Álvaro Seivane: "trátase dun traballo que sentará precedente" e Xosé Lois Romero (Director Musical da Compañía "Nova Galega de Danza"): "é dende xa, un clásico da discografía galega". O disco conta coa colaboración de Agustín Sánchez e Antía Barreiro (gaita e percusión) e Xabier Díaz (voz).

Ver en