• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellonMaceiras Dúo en Málaga
16/09/2007
O próximo domingo 16 de setembro o dúo BellonMaceiras desprazarase a Málaga para facer un concerto no "Jardín Botánico" (17:30h), levando así os sons do seu disco "Unión das Terras" a dita cidade.
Novos vídeos e fotografías
11/09/2007
Xa están dispoñibles novas fotografías na sección de multimedia, así como unos novos links ó portal de vídeos por excelencia, o Youtube. Estes vídeos foron gravados por un dos asistentes á actuación como invitados no Constantino Bellón 2007. ¡Disfrutádeos!
BellonMaceiras Dúo no Constantino Bellón
30/08/2007
O vindeiro xoves 30 de agosto, o dúo BellonMaceiras participará como convidado no día do Concurso de Composición Constantino Bellón. Será no Teatro Jofre de Ferrol sobre as 20:00h. Entrada Libre. A partir das 10:30h teremos a oportunidade de escoitar a Dani en directo por RadioVoz.
BellónMaceiras Dúo en Pontedeume
25/08/2007
O dúo BellónMaceiras participará o vindeiro día 25 de agosto nun concerto do programa "Vai de Camiño 2007 - Xacobeo". O Concerto terá lugar na Alameda de Pontedeume ás 23:00h
Novas fotos de Lorient e Andorra
24/08/2007
Xa están dispoñibles tanto nesta web como en www.bellonmaceiras.com as novas fotos das actuacións de BellónMaceiras en Lorient e Andorra.