• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Luvas Verdes na inauguración do Curso Erasmus 07/08
08/10/2007
O cuarteto Luvas Verdes actuará o luns 8 de outubro no Paraninfo de A Coruña. Este concerto comezará á 13:00h da tarde e formará parte da inauguración do Curso Erasmus 2007/2008.
Xira de Outubro
03/10/2007
Dani exercerá no mes de outubro máis que nunca a súa faceta de pluriempleado. Neste mes, Dani comeza as clases como mestre no Centro Galego de Fuenlabrada e na Escola de Folklore Plaza Castilla de Madrid. O día 8 actúa o cuarteto Luvas Verdes en A Coruña.Como membro do dúo BellónMaceiras actuarán 4 veces ó longo do mes.Universidade de Lugo, Xenebra e Lousanne(Suiza)e por último a Biblioteca Infantil de A Coruña serán as suas paradas. Participará tamén o día 26 de outubro cos seus alumnos nun concerto de inauguración do curso 07/08 na Sala Galileo Galilei en Madrid
BellónMaceiras Dúo na Xuntanza de Airiños de Fene
29/09/2007
O vindeiro sábado, día 29 de setembro, terá lugar na praza do concello de Fene a XIX xuntanza organizada pola Banda de gaitas tradicional Airiños de Fene. O dúo participará na xuntanza xunto a máis grupos e intérpretes convidados (Xabier Díaz, Vaamonde e Romero, Grupo de música do Igaem,...). O emotivo acto no que a banda celebra o seu 20 aniversario comezará ás 19:00h.
Dani na Radio Galega ás 16:00h
22/09/2007
O vindeiro sábado 22 a partir das 16:00h, poderemos escoitar a Dani en directo no programa Lume na Palleira, presentado por Emilio Españadero. No programa, Dani participará xunto a outros participantes do 20 aniversario da Banda de Gaitas Airiños de Fene, xa que o dúo BellónMaceiras está convidado. Tanto Diego coma Dani formáronse no seo da banda, da que Diego é aínda hoxe compoñente. Dani participou nela ata o ano 2001.
Dani mestre de gaita en Madrid
17/09/2007
Estase a preparar o curso 2007/2008 na Escola de Folkore Plaza de Castilla en Madrid.As clases comezarán o sábado 6 de Outubro. Os interesados en apuntarse, ou os que queiran ter máis información sobre as clases de gaita galega na que Dani é mestre, aínda se poden apuntar contactando directamente con Dani ou ollando o contacto na web da Escola www.folkloreplazacastilla.com.