• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellónMaceiras Quinteto na Festa da Fraga
24/07/2008
Nova de última hora. O quinteto actuará no festival da Fraga en As Pontes, (A Coruña) a noite deste xoves día 24. Actuarán pechando o festival. Ata entón!!!
Bellón & Bagad Kemper en Sud-ar Su
19/07/2008
O vindeiro sábado 19 de xullo Dani desprázase ata a cidade Francesa de Autun para colaborar como gaiteiro solista coa prestixiosa Bagad Kemper da Bretaña. Esta é a segunda colaboración de Bellón coa Bagad esta vez no espectáculo Sud-ar Su
Vídeos e mp3 de BellónMaceiras Quinteto "Terras"
12/07/2008
Chegan os primeiros vídeos e mp3 do BellónMaceiras Quinteto presentando en directo a súa nova proposta musical de fusión de temas de toda a xeografía mundial así coma propios.Podedes velos nesta mesma web ou no MySpace do grupo www.myspace.com/bellonmaceiras
Concertos BellónMaceiras
03/07/2008
Esta fin de semana depáranos a opotunidade de escoitar a BellónMaceiras en dúas ocasións. O sábado participan no espectáculo "O Camiño"
xunto con outros artistas en colaboración con Mutenrohi. Será en Vilagarcía ás
22:00h. O luns teremos a oportunidade de escoitar o segundo concerto do recén
estreado Quinteto, será en Boiro ás 12 da mañá. Ollo!
Presentación BellónMaceiras Quinteto
24/06/2008
Mañá mércores día 25 terá lugar a presentación pública de BellónMaceiras Quinteto nol Pub Dublín de A Coruña. O primeiro concerto desta formación será ás 22:30h. Esperámosvos a todos!!!