• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Clases de gaita en Madrid 2008/2009
01/09/2008
Xa está aberta a inscripción para o novo curso de gaita galega tanto na Escuela Folklore Plaza de Castilla como no Centro Galego de Fuenlabrada. As clases serán intensivas e en venres e sábados alternos.O curso comeza o vindeiro día 27. Máis info en www.folkloreplazacastilla.com ou directamente a través desta web.
Nova web de BellónMaceiras
27/08/2008
Xa está dispoñible a nova web de BellónMaceiras. Agardamos que disfrutedes dela e que a visitedes a miúdo, xa que estará en constante actualización. Participade no novo foro, e veredes que hai novas seccións como tenda online, vídeos e como non, unha sección do Quinteto. Moitas gracias polas visitas. www.bellonmaceiras.com



BellónMaceiras Quinteto na Romería do Pote
24/08/2008
O vindeiro domingo 24, BellónMaceiras Quinteto ofrecerá un concerto no 75º aniversario da romería do Pote de Maniños. Xunto a eles, estarán grupos como A Quenlla ou Ultreia, así como varias actividades e xogos para nen@s durante todo o día. O concerto do quinteto será ás 22:00 horas. Estades todos invitados!
Crónica do concerto de Lourizán
07/08/2008
Queríamos agradecerlle a presenza a toda a xente que foi ó concerto, e tódolos comentarios recibidos tanto por vía email como alí mesmo. Un público de 10. Para os que vos quedastes sen cd e o queirades conseguir, podedes conseguilo contactando a través desta mesma web ou en diego@bellonmaceiras.com danielbellon@danielbellon.com
Cambio de data do concerto en Lourizán
31/07/2008
Logo do concerto da Festa da Fraga, no que o grupo quere agradecer a toda a
multitude a súa presenza e o apoio brindado, chega outro concerto da nova
formación. Poderemos escoitalos no Xardín Botánico de Lourizán, Pontevedra. O
concerto está enmarcado dentro do ciclo "entre lusco e fusco". Nun principio
este concerto iba producirse o xoves 31, pero a causa das malas previsións do
tempo a organización decidiu trasladalo ó martes 5 de agosto. Será ás 21:30. Ali
nos vemos!!!