• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BM5 mañá en O Corgo, Lugo xunto a Fía na Roca
31/07/2010
Mañá ás 8 da tarde teremos a oportunidade de ver un concerto de BellónMaceiras Quinteto na Praia Fluvial de O Corgo en Lugo. Tamén ofrecerán un concerto os compañeiros de Fía na Roca.
BellónMaceiras colabora no novo disco do Bagad Kemper. Live en Cornouaille 2009.
26/07/2010
Proposto en forma de "carta branca" ao Festival de Cornouaille 2009, baixo a direción de Jean-Louis Hénaff, este �Best Of� é o espectáculo dunha noite de xullo 2009, celebrando os 60 anos do Bagad Kemper e repasando a aventura musical dos últimos dez anos. Fiel ao espíritu dos seus fundadores, o Bagad KEMPER esmerouse en transmitir a súa paixón pola música e a cultura bretona. Pero cal sería o futuro dunha cultura se quedase pechada, se non se enriquecera da diversidade das outras? Esta vontade de apertura cultural e de innovación é a que caracteriza ao Bagad Kemper neste CD cheo de cores musicais. O Bagad KEMPER e os seus convidados repasan aquí grandes momentos destes últimos dez anos de creacións musicais e de encontros artísticos nun único concerto con músicos da talla de Dan Ar Braz (guitarra) ou Bernard Le Dréau (saxo), entre outros máis. Dani Bellón (coa súa gaita) e Diego Maceiras (co seu acordeón) tamén foron convidados para esta celebración e puxeron a súa pegada musical "BellónMaceiras" a este disco tan emotivo. Este cd xa se pode mercar na web de Keltia Musique e esperemos, proximamente por aquí: http://www.keltiamusique.com/index.php/live-au-cornouaille.html
Deezer e presentacións de BellónMaceiras Quinteto
18/06/2010
O disco "Folk Fusión" estará nas tendas definitivamente a partir do 22 de xuño baixo a edición e distribución de Do Fol Música.

Este mesmo día, martes 22 de xuño ás 20:00h, BM5 ofrecerá un concerto en acústico na biblioteca Sagrada Familia da Coruña, onde poderedes escoitar parte do seu novo traballo e levarvos un exemplar á vosa casa rubricado ca firma dos seus compoñentes.

Do mesmo xeito, ó día seguinte, mércores 23 ás 19:00h, estarán á disposición do público de Ferrol, para facer unha presentación tamén en acústico na Galería Sargadelos.

Anunciaranse proximamente máis presentacións e concertos do conxunto.

Por outra banda, para os que queirades ir escoitando este disco, xa o podedes facer desde www.deezer.com poñendo "BellonMaceiras" no seu buscador.

Unha aperta a todos!
BellónMaceiras Dúo + María Moiseeva en Rusia
10/06/2010
O primeiro destino de BellónMaceiras Dúo no vindeiro ano 2011 será a capital de Rusia, Moscú. O día 3 de xaneiro tocarán na Catedral Católica de Moscú con motivo do Festival Internacional de música Navideña. O concerto será as 14h e tocarán xuto a organista rusa María Moiseeva. Iremos ampliando a información desta nova xira cos concertos que farán BM2.
3ª Edición do disco Unión das Terras
14/05/2010
Os que todavía non teñades o disco Unión das Terras, aínda estades a tempo de conseguilo, acábase de reeditar co que vai xa pola 3ª edición. Gracias ós 2000 que xa mercáchedes o disco nas anteriores fornadas. Ollo para os coleccionistas, xa que nesta nova entrega o disco non terá diferencia coas anteriores. Vémonos nos concertos deste novo mes que entra!!!