• English
  • Castellano
  • English
  • Español
Comezo do novo curso 2018/2019
12/09/2018
Este mes de setembro, a Escola de Música BellónMaceiras abreu as súas portas de cara a un novo curso. As modalidades de clases que se ofrecen son tanto individuais coma colectivas en grupos reducidos, feitos por idade e por nivel. Desde o ano 2014 impártense, tamén, clases a distancia a través de Skype.
 
Máis información aquí.
Fin de Curso 2018
24/07/2018
Xa está na nosa canle de YouTube un pequeno resumo do que foi o final de curso 2018 da Escola de Música BellónMaceiras. Estade atentos que en breve darémosvos máis información para o curso que comeza en setembro. Apertas!
 
Ver enlace
Matrícula aberta para o curso 2018 / 2019 e Concerto de Fin de Curso.
18/06/2018
A Escola de Música BellónMaceiras ten aberta a matrícula para o próximo curso 2018 / 2019.
Por outra banda, este venres 22 de xuño celébrase o fin de curso cun concerto no que participarán os alumnos xunto cos profesores. Será no CMIU de Fene ás 19:00h con entrada libre para todo o mundo.
Escola de Música BellónMaceiras desde dentro (Parte III)
21/05/2018
Novo vídeo da Escola de Música BellónMaceiras desde dentro. Nesta ocasión presentan as clases de acordeón que imparte Diego Maceiras.
Ver vídeo
Curso de Mecánica do acordeón
14/05/2018
A fin de semana do 26 e 27 de maio na Escola de Música BellónMaceiras vaise ofrecer un curso de mecánica e mantemento do acordeón con José María López de Irún. O sábado estará dirixido ós alumnos da escola e o domingo a todos aqueles de fóra que estean interesados. As prazas son limitadas. Máis información nos contactos da Escola.