• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

MySpace Daniel Bellón
02/01/2008
Para dala benvida ó ano 2008, acábase de inaugurar o MySpace de Daniel Bellón (www.myspace.com/danibellon) Alí poderedes atopar información complementaria á páxina web, coma un blog, comentarios, novos vídeos e audios para escoitar. Feliz ano a tod@s!
BellónMaceiras en New York
13/12/2007
O vindeiro mes de decembro (do 13 ó 24), o dúo BellónMaceiras cruzará por primeira ver o atlántico para tocar en terras estadounidenses. Recaerán na cidade de New York, onde ofrecerán varios concertos, o primeiro deles no centro galego de Newark en New Jersey. Irémosvos informando en canto haxa máis información de máis concertos.
Dani impartirá clases de iniciación á gaita galega no Concello de Neda
06/11/2007
O martes día 6 de novembro comezarán as clases de iniciación de gaita galega no Concello de Neda, do que Dani será mestre. As clases terán a súa presentación para os 12 alumnos inscritos, no salón de actos da Casa da Cultura ás 18:30h do xa citado martes día 6.
Inauguración dunha galescola en Ortigueira
06/11/2007
Daniel Bellón partipará xunto ó tamborileiro Melo Suárez na inauguración da galescola en Ortigueira, interpretando o Antergo Reino de Galicia durante a cerimonia.
Sala Galileo Galilei
26/10/2007
A noite do venres 26 de outubro, na Sala Galileo Galilei, haberá un concerto de presentación dos alumnos da "Escuela de Folklore Plaza de Castilla" da que Dani é profesor. Nesa festa de presentación tamén actuarán os demáis alumnos da escola cos seus respectivos instrumentos: guitarra, dulzaina, percusión,txalaparta,zanfona...Vémonos!!!