• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

BellónMaceiras dúo en Polonia
29/05/2008
Este ano 2008 depararanos varias sorpresas como a presentación dunha nova formación, o BellónMaceiras quinteto, pero esa é outra historia. Comezan as actuacións nesta nova tempada. Está vez a parada é o emblemático Club 55, no que actuaron moitos grupos históricos coma por exemplo os Rolling Stones. Situado no Km.0 da cidade de Varsovia en Polonia. Será a noite do xoves. Manterémovos informados
Composición para o Constantino Bellón
23/03/2008
Xa tedes dispoñible na web do Ateneo Ferrolán (ateneo-ferrolan.blogspot.com) a partitura obrigada para a nova edición do Constantino Bellón 2008. A peza foi composta por Dani ex profeso para o concurso. É unha xota e leva por título ´Olavide´
Novas camisetas de BellónMaceiras
25/02/2008
A partir do 25 de febreiro, xa podedes ter a vosa propia camiseta do dúo BellónMaceiras. Dispoñibles nas tallas M-L-XL, cor única (naranxa). Prezo: 10 euros. Para envíos, solicitade información nas direccións de correo: daniel@bellonmaceiras.com diego@bellonmaceiras.com.
BellónMaceiras Quinteto
03/02/2008
Dani e Diego adéntranse nunha nova cruzada, o BellónMaceiras Quinteto. Acompañados por músicos da talla de Miguel Lamas (Batería), Juan Tinaquero (Contrabaixo)e Cabe (Guitarra). Os 5 levan traballando todo o inverno nesta nova formación que pronto teredes ocasión de escoitar.Unha nova visión de mestizaxe entre instrumentos, estilos e terras cun claro sabor galego que predomina nos seus sons.
Fotos da viaxe a New York
06/01/2008
Xa podedes ver un pequeno resumo da reportaxe fotográfica do viaxe a New York do dúo BellónMaceiras na sección multimedia. Se queredes velo "gracioso " reportaxe completo, poderedes atopalo na web do dúo. Saúdos a todos