• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Entrevista en Tradigaita
07/04/2021
O dúo BellónMaceiras participou nunha entrevista para a canle de YouTube, Tradigaita, xestionada polo
alumno da escola, Diego Prieto. Nesta entrevista falaron dos seus inicios, dos seus discos e sobre todo do
libro de partituras que recentemente acaban de publicar.
 
Ver entrevista.
Curso Online de Afinación e Empalletado para Gaita Galega
15/02/2021
Nos meses de marzo e abril, Daniel Bellón impartirá un curso online de Afinación e Empalletado para gaita Galega.

Máis información nos contactos da Escola.
Entrevista en Radio Fene
16/12/2020
Daniel Bellón e Diego Maceiras achegáronse ata as instalacións de Radio Fene para falar do libro de partituras que acaban de publicar.

 

BellónMaceiras Melodías - Libro de partituras
15/12/2020
O dúo formado por Daniel Bellón e Diego Maceiras pechan este ano coa publicación de BellónMaceiras Melodías, un libro que recolle partituras das composicións propias incluídas en Unión das Terras, Folkfusión e TEN que son os tres primeiros discos publicados ó longo dos máis de dez anos que levan traballando xuntos como BellónMaceiras. O libro está á venda na Escola e a través da tenda online desta web. Contén versións das partituras na tonalidade orixinal, cifrado harmónico, melodía do acordeón, gaita (sistema Re e sistema Do), acordina e saxofón.
BellónMaceiras & Álex Insua musican un poema de Blanco Amor para a Casa Grande de Xanceda
25/07/2020
Daniel Bellón e Diego Maceiras, acompañados por Álex Insua á voz, compuxeron esta melodía para un poema de Eduardo Blanco Amor adicado á Casa Grande de Xanceda.
 
Podes ver o vídeo aquí.