• English
  • Castellano
  • English
  • Español

Novas

Primeiros concertos do ano de "A música das buguinas"
15/03/2022
BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) xunto a Gloria Mosquera de Mamá CabraCabe comezaron o 2022 cunha xira de concertos do espectáculo "A música das buguinas", á que se sumarán outros concertos máis nos próximos meses. Nas súas redes sociais ou nesta web publicaranse as próximas datas.
BellónMaceiras presenta o seu primeiro conto musicado “A Música das buguinas”
15/12/2021
BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) presenta o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar. A partir do texto de Pepablo Patinho, BellónMaceiras constrúe a banda sonora de “A Música das buguinas” cunha selección de temas populares e composicións propias. O conto está ilustrado por Leandro Lamas e narrado por Gloria Mosquera de Mamá Cabra. Está dispoñoble á venda nesta páxina web e na Escola de Música BellónMaceiras en Fene.

O mundo de Roque, o neno que escoitaba os sons do mundo a través da súa buguina, pretende achegar a música tradicional galega ó público infantil e facer que os adultos a redescubran. Unha música cunha coidada selección entre os xéneros máis coñecidos e queridos da nosa tradición: muiñeiras, alboradas, pasodobres, pasacorredoiras ou regueifas.
 
Ir a tenda
Novo curso na Escola BellónMaceiras
06/09/2021
Un ano máis abríronse as portas da Escola de Música BellónMaceiras en Fene. Este curso retomaranse as clases de combo e a banda de gaitas e acordeóns e seguiranse compaxinando as clases presencias e online.
BellónMaceiras no festival IKEM
22/08/2021
O dúo BellónMaceiras participou no Festival IKEM de Fortaleza de Valença en Portugal. Daniel Bellón e Diego Maceiras xunto a Uxía, Rosa Leiro e Joâo Afonso acompañaron ó pianista Juan Carlos Cambas no seu concerto.
Novo proxecto musical: A música das Buguinas
11/05/2021
Daniel Bellón e Diego Maceiras embárcanse nun novo proxecto musical da man de Mamá Cabra e Cabe García. Este proxecto é un conto escrito por Pepablo Patiño onde se fusiona a música en directo e o teatro. Os pequeno e pequenas das familias poderán coñecer e descubrir a música tradicional.